
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Reclamar a paz, traballar por ela, construíla… Queda en baixo audio do pasado domingo día 4:
Sobre a Sanidade en Ribadeo, hoxe: LISTAS DE AGARDA NO CENTRO DE SAÚDE DE RIBADEO Nota de prensa Aínda que non deixa de ser de dominio público, dende o noso grupo quixeramos comunicar que cando isto escribimos, temos noticia de que nas últimas 48 horas dúas persoas adultas con total autonomía e perfectamente capacitadas pediron…
Dende hai anos veño recollendo datos correspondentes á temperie ribadense. Entre eles, están as temperaturas. Unhas temperaturas que indican que o pasado foi o segundo ano máis caloroso dende que hai rexistros en Ribadeo, ó pesar do relativamente frío último trimestre que impediu unha nova marca anual de temperatura media. Tamén indican que os catro…
Comezos de ano. Día de Reis. Un bo día para lembrar que hai non moito unha persoa estranxeira coñecida preguntoume polo Altruán. Tiña curiosidade despois de ter mercado unha reprodución dunha imaxe del en Vivín. A imaxe impactoulle e naceulle o formigueo de saber máis da vida deste home de Ribadeo. Díxenlle o que puiden…
Vaia por diante que o que ven a continuación só é o resultado de ter lido e comparado os artigos que apareceron na Comarca del Eo pasada (3 de xaneiro de 2026) e o correspondente do ano anterior (4 de xaneiro de 2025), sobre o desenvolvemento de ACISA en 2025 e 2024 respectivamente, e tentar…
Tíñaseme pasado pola cabeza facer un pequeno estudo sobre as Panchas, a mal chamada ‘moeda local‘ de Ribadeo, na edición deste outono inverno de 2025. Pasóuseme o tema pola cabeza despois de ter comprobado que ó comezo da campaña seguía a publicarse no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Ribadeo a relación…
O mesmo día que as órdenes de Trump de atacar Venezuela se cumpren polo momento na impunidade dos asasinatos e a destrución, publico a convocatoria de concentración semanal pola paz en Ribadeo. Como tódolos domingos, ás 12:30 no Cantón (ou, dependendo da temperie, no adro da casa do concello). Este domingo, cunha guerra máis que…
Con calma, entrando no ano de xeito ‘slow’, este fin de semana na Veiga podes dar un paseo sen saír do Nadal… ou sen entrar nel!
Nin son venezolano nin sei a quen tería votado nunhas eleccións nese país, de ter voto e estar máis enterado do que estou da súa política interna. Iso non importa para condenar un ataque ordenado por Trump contra un país soberano, causando deceas de asasinatos, e o secuestro do seu presidente. Máis aínda despois de…
Hoxe tivo lugar a presentación do libro ‘Miscelánea de historias…’ de José Juan Suárez Acevedo. Agradables tres cuartos de hora nos que unhas trinta persoas escoitamos a xénese da obra, de mans do editor Antonio Andina (Eoditorial), unha opinión familiar de man de Adriana Suárez, sobriña do autor, e unha pintura impresionista a base de…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (917) economía (1008) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (537) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (63) Hernán Naval (133) historia (557) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (387) Medio (960) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (133) Pancho Campos (129) paz (175) pensións (96) plenos (221) política (1444) Recuncho da lectura (77) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3302) Suso Fernández (160) tecnoloxía (159) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (63) Ángel Alda (100)